Weblog de Camariñas

Artículos desde Camariñas para el Mundo

Así, non……

Tentouse de todas as formas e dende todos os sitios e non houbo maneira….esta fin de sema enterámonos doutra forma nova de……..pero non poideron con…..aviso a navegantes, hai corda para rato e sinon xa o verán como darán co “cu no ferrado” aqueles que con todo tipo de artimañas pretenderon…..seguro que seguirán tentando; esforzo baldío, seguramente.

19 Abril 2008 Publicado por camarinas | 1 | | Aún no hay comentarios

DESORIENTADOS….

Alguén anda sin norte e moitos desorientados….non hai brúxula e falta saber onde está o norte para poder seguir avanzando. Foron moi ben as cousas fai uns meses e hai esperanzadas nos vindeiros exámenes, pero se ve que “nos vai a marcha” e dende logo “somos algo masoquistas”. Fundamental saber para moitos que camiñan hacia un mesmo camiño, ¿quen somos e a onde vamos? Así de sencillo pero iso dende logo hai que descifralo xa.

19 Abril 2008 Publicado por camarinas | 1 | | Aún no hay comentarios

Un día 14 haberá un encontro especial…

Será un día 14 e haberá un encontro especial ¿onde?  seguramente confirmarase nos vindeiros días e dende logo tratarase de homenaxear ¿a quen? pois a dous colectivos que están a dar moita “guerra” da boa e xenerando moita ilusión a…..

A cita será un 14 e o mes……pronto.

12 Abril 2008 Publicado por camarinas | 1 | | Aún no hay comentarios

As comparacións son odiosas…..

As comparacións son odiosas, a realidade é esa pero hai que ver que inventiva ten o pobo. Sempre nos pobos se tenta buscar a similitude entre personaxes famosos e persoas coñecidas do entorno….Pois ben, ademáis dunha parella famosa hai que sumar outra, pero esta vez a comparativa xa é con unha parella presidencial…..hai que ir cos tempos e nos tamén temos os nosos personaxes do corazón.

8 Abril 2008 Publicado por camarinas | CONFIDENCIAL | | Aún no hay comentarios

Fai falta, pero…..

Sin dúbida que fai falta para Camariñas como parroquia; pero tamén non é facer por facer e perxudicando a unha soa parte….todos teñen que perder e todos teñen que gañar, pero cando un sale perxudicado e lóxico que pidas as explicacións e que sexan convincentes.

É moi fácil decir, “polo ben de Camariñas” pero tamén hai que ter en conta o perxuicio non para unha persoa sinon un estamento que ten que dar explicacións.

Que haxa un cambio por cambio pero en igualdade de condicións, sinon o cambio estará viciado.

O que queira entender, entenderá…….. E si alguén “está apurado” para conseguir esta baza, terá que saber esperar para subir o nivel da oferta, sinon seguiremos como ata agora.

4 Abril 2008 Publicado por camarinas | CONFIDENCIAL | | Aún no hay comentarios

Varias confidencias que xurdiron estos días….

1- A praza de San Xurxo xa é a zona de movida camariñana…pero quizá ainda o sexa máis dentro de pouco con unha nova incorporación…tempo o tempo.

2-Da a impresión de que todo o que xira en torno a Mostra ten un denominador común…¿porque non se favorece a pluralidade é a diversidade? A Mostra gañaría moitos enteiros si se contara con todos…..”Hay vida ahí fuera” versionando o que decían nunha famosa película…pois iso, que hai máis alá de ata onde chegan os nosos ollos.

21 Marzo 2008 Publicado por camarinas | CONFIDENCIAL | | Aún no hay comentarios

Alguén ten que encontrar o seu camiño…

Despois dunhas aventuras hai que enfrentarse a realidade e ver hacia onde se quer ir e onde se quer chegar…..sin perda de tempo e sin vacilar, porque moita xente está pendente e porque un pobo estase a xogar moito. Claridade de ideas e transparencia nas decisións e contando coa participación de todos. Esto xa non poide esperar máis…..

19 Marzo 2008 Publicado por camarinas | CONFIDENCIAL | | Aún no hay comentarios

Os diseñadores/as non só firman os diseños…

Os grandes diseñadores/as non só firman os diseños que presentan….según poidemos saber tamén deixan outro tipo de firmas e sobre calquer tipo de material, claro que por sorte non todos/as fan ese tipo de firmas que custa moito……

19 Marzo 2008 Publicado por camarinas | CONFIDENCIAL | | Aún no hay comentarios

Unha nova comisión de Festas…

Tardou en saír pero por fin a nova Comisión de Festas púxose a andar….si todo ía ben este mesmo xoves comezaría a recadación para as Festas da Virxe do Monte. Realmente teñen pouco tempo para recaudar e para preparalas pero son rapaces e rapazas novos e con uns grandes proxectos e que contando co apoio de todo un pobo desexoso de festa e pasalo ben sin dúbida que terán o éxito asegurado.

O traspaso de poderes e entrega do testigo entre a Asociación Reina do Mar e a nova Comisión (pendente de coñecer o nome que adoptará) foi modélico por canto viose unhas gañas de axudarse e apoiarse entre todos para que as festas teñan continuidade.

A veces os políticos de un e outro signo deberían aprender como cando se xunta persoas diversas pode chegarse a un entendemento e incluso apoio entre todos….simplemente ten que haber gañas por parte de todos para que esto avance, porque Camariñas o merece e porque un pobo de boa xente merece o millor nesta vida que nos tocou vivir.

Son un grupo de rapaces e rapazas (sobre 11 persoas forman a nova comisión) que con “Campaña” liderando a nova formación teñen o éxito asegurado, e non hai que ir con prisas; este ano ten que ser de transición para tentar que no vindeiro ano 2009 todas as festas teñan xa o selo de normalidade.

Adiante por tanto os novos membros da Comisión de Festas e recoñecer por parte de todos o seu traballo e  a súa responsabilidade; pero non debemos dedicarnos solo a falar e a dirixir os demáis sinon que debemos estar con eles ata onde eles queiran chegar.

Sorte compañeiros…….

13 Marzo 2008 Publicado por camarinas | COCTELERA | | Aún no hay comentarios

Análisis dos resultados electorais en Camariñas

93 votos separaron os dous grandes partidos(PSOE e PP) no Concello de Camariñas a moita distancia do Bloque que ainda que millorou os resultados sigue a fallar na capital do Concello o non ter un presencia destacada de militantes de Camariñas como Parroquia.

O que é certo é que o PP sigue estable co seus votos (pase o que pase e sin que nada poida influir no resultado) e móvese entre 1.650-1.700 votos fixos en cada convocatoria.

Pola contra os resultados do PSOE son do máis dispar en cada elección que ten lugar no Concello, según sexan as municipais, autonómicas ou xerais.

Si non temos en conta os votos aportados polos emigrantes nas eleccións municipais (sobre 35o votos para o PSOE) nos encontramos con que éste partido baixa entre uns 350-400 votos sin saber moi ben a que se debe ésta baixada.

Efectivamente, o PSOE sabe que dispoñen nas municipais dunha reserva de votos importante na emigración (en torno a 350 e seguramente que subendo) mentras que os outros 350-400 votos pode déberse ao maior empeño por parte da organización movilizando a moitos indecisos e xente que habitualmente non sole votar en outras eleccións.

O PP sí ten unha base forte , o que é moi importante, con fidelidade absoluta, pero pola contra ten o hándicap de que nas últimas convocatorias non foi capaz de sair desos números e quedou estancado nunha cifra de votos que lle fai casi imposible gañar en calqueira das eleccións.

O BNG dende que fixera a alianza co PSOE no goberno do Concello de Camariñas non poido levantar cabeza pois moitos que naquel momento apostaron e votaron por este partido sentíronse enganados e defraudados pola “mala”utilización dese voto.

A pesares de que Luis Suárez está a facer unha gran laboura e un gran traballo a todos os niveis, quédalle conseguir en Camariñas un equipo estable de membros que poidan loitar por un número de votos que lle faga conseguir subir nas eleccións e incluso aspirar de novo a conseguir unha acta de concellal.

Nas vindeiras autonómicas (2009) creemos que os resultados non distaran moito dos acontecidos nesta elección xerais salvo que algúns asuntos sigan “mermando” e queimando a base electoral do PSOE en Camariñas.

Sin dúbida, os resultados acadados nestas últimas xerais foron unha sorpresa para moitos comparando cos resultados obtidos nas municipais…é decir, en Camariñas (todo o Concello) as eleccións son moi distintas para moitos votantes e por elo poden darse estos resultados tan apretados nunhas (solo 93 votos de diferencia) como noutras haber unha gran diferencia (caso das municipais).

11 Marzo 2008 Publicado por camarinas | POLÍTICA | , , | Aún no hay comentarios