Unha nova comisión de Festas…
Tardou en saír pero por fin a nova Comisión de Festas púxose a andar….si todo ía ben este mesmo xoves comezaría a recadación para as Festas da Virxe do Monte. Realmente teñen pouco tempo para recaudar e para preparalas pero son rapaces e rapazas novos e con uns grandes proxectos e que contando co apoio de todo un pobo desexoso de festa e pasalo ben sin dúbida que terán o éxito asegurado.
O traspaso de poderes e entrega do testigo entre a Asociación Reina do Mar e a nova Comisión (pendente de coñecer o nome que adoptará) foi modélico por canto viose unhas gañas de axudarse e apoiarse entre todos para que as festas teñan continuidade.
A veces os políticos de un e outro signo deberían aprender como cando se xunta persoas diversas pode chegarse a un entendemento e incluso apoio entre todos….simplemente ten que haber gañas por parte de todos para que esto avance, porque Camariñas o merece e porque un pobo de boa xente merece o millor nesta vida que nos tocou vivir.
Son un grupo de rapaces e rapazas (sobre 11 persoas forman a nova comisión) que con “Campaña” liderando a nova formación teñen o éxito asegurado, e non hai que ir con prisas; este ano ten que ser de transición para tentar que no vindeiro ano 2009 todas as festas teñan xa o selo de normalidade.
Adiante por tanto os novos membros da Comisión de Festas e recoñecer por parte de todos o seu traballo e a súa responsabilidade; pero non debemos dedicarnos solo a falar e a dirixir os demáis sinon que debemos estar con eles ata onde eles queiran chegar.
Sorte compañeiros…….
Aún no hay comentarios.
Deja un comentario
-
Recientes
- Así, non……
- DESORIENTADOS….
- Un día 14 haberá un encontro especial…
- As comparacións son odiosas…..
- Fai falta, pero…..
- Varias confidencias que xurdiron estos días….
- Alguén ten que encontrar o seu camiño…
- Os diseñadores/as non só firman os diseños…
- Unha nova comisión de Festas…
- Análisis dos resultados electorais en Camariñas
- Arquitectos e Ingenieros
- O espectáculo continuará pero sin…..
-
Enlaces
-
Archivos
- Abril de 2008 (5)
- Marzo de 2008 (10)
-
Categorías
-
RSS
Subscripciones RSS
RSS de los Comentarios