Weblog de Camariñas

Artículos desde Camariñas para el Mundo

Análisis dos resultados electorais en Camariñas

93 votos separaron os dous grandes partidos(PSOE e PP) no Concello de Camariñas a moita distancia do Bloque que ainda que millorou os resultados sigue a fallar na capital do Concello o non ter un presencia destacada de militantes de Camariñas como Parroquia.

O que é certo é que o PP sigue estable co seus votos (pase o que pase e sin que nada poida influir no resultado) e móvese entre 1.650-1.700 votos fixos en cada convocatoria.

Pola contra os resultados do PSOE son do máis dispar en cada elección que ten lugar no Concello, según sexan as municipais, autonómicas ou xerais.

Si non temos en conta os votos aportados polos emigrantes nas eleccións municipais (sobre 35o votos para o PSOE) nos encontramos con que éste partido baixa entre uns 350-400 votos sin saber moi ben a que se debe ésta baixada.

Efectivamente, o PSOE sabe que dispoñen nas municipais dunha reserva de votos importante na emigración (en torno a 350 e seguramente que subendo) mentras que os outros 350-400 votos pode déberse ao maior empeño por parte da organización movilizando a moitos indecisos e xente que habitualmente non sole votar en outras eleccións.

O PP sí ten unha base forte , o que é moi importante, con fidelidade absoluta, pero pola contra ten o hándicap de que nas últimas convocatorias non foi capaz de sair desos números e quedou estancado nunha cifra de votos que lle fai casi imposible gañar en calqueira das eleccións.

O BNG dende que fixera a alianza co PSOE no goberno do Concello de Camariñas non poido levantar cabeza pois moitos que naquel momento apostaron e votaron por este partido sentíronse enganados e defraudados pola “mala”utilización dese voto.

A pesares de que Luis Suárez está a facer unha gran laboura e un gran traballo a todos os niveis, quédalle conseguir en Camariñas un equipo estable de membros que poidan loitar por un número de votos que lle faga conseguir subir nas eleccións e incluso aspirar de novo a conseguir unha acta de concellal.

Nas vindeiras autonómicas (2009) creemos que os resultados non distaran moito dos acontecidos nesta elección xerais salvo que algúns asuntos sigan “mermando” e queimando a base electoral do PSOE en Camariñas.

Sin dúbida, os resultados acadados nestas últimas xerais foron unha sorpresa para moitos comparando cos resultados obtidos nas municipais…é decir, en Camariñas (todo o Concello) as eleccións son moi distintas para moitos votantes e por elo poden darse estos resultados tan apretados nunhas (solo 93 votos de diferencia) como noutras haber unha gran diferencia (caso das municipais).

11 Marzo 2008 Publicado por camarinas | POLÍTICA | , , | Aún no hay comentarios